martes, 10 de junio de 2025
CONVIVENCIA DO CLUB DE LECTURA
CRUZAR O ESTREITO
O alumnado de 5º e 6º de Primaria coñeceu de man de tres rapaces da asociación "A raíña" a experiencia que supón cruzar o estreito. Estamos seguros de que foi un testimonio impactante!
lunes, 9 de junio de 2025
TORNEO DE PELUSAS
Gústanvos os xogos de mesa? A nós encántannos!
Por iso, desde hai varias semanas, na biblioteca do noso centro, unha gran parte do alumnado de Primaria está participando no torneo de Pelusas.
A vindeira semana
será a gran final... que emocionante!
LECTURAS COMPARTIDAS
É importante espertar o interese pola lectura desde a primeira infancia.
As colaboradoras da biblioteca do noso centro educativo téñeno claro!
Ao longo deste curso, estas voluntarias de sexto de primaria están a compartir tempo de lectura co alumnado de Educación Infantil. Seleccionan textos adaptados á idade e fan a lectura do conto para as crianzas.
Sen dúbida, unha experiencia marabillosa para pequenos e maiores.
lunes, 5 de mayo de 2025
OBRADOIRO DE AVIÓNS DE PAPEL
miércoles, 22 de enero de 2025
OBRADOIRO DE POSTAIS LUMINOSAS
viernes, 20 de diciembre de 2024
CLUB DE LECTURA
Como en anos anteriores, o noso centro participa no programa "Clubs de lectura". Esta iniciativa pretende fomentar o hábito lector entre o alumnado.
Contamos con 70 participantes do terceiro ciclo de Educación Primaria. Está a ser un éxito!
No grupo de 5º de Primaria están a ler Plan de rescate (Antía Yánez) e Apestoso tío Muffin (Pedro Mañas).
No grupo de 6º de Primaria están a ler Abdel (Enrique Páez), Atranco no banco (Manuel Núñez Singala) e A folla azul (Andrea Maceiras).
Os debates durante e despois da lectura permiten ao alumnado expresar as súas opinións, expoñer as emocións que espertan as historias, confrontar puntos de vista...
Os integrantes do club tamén recibiron uns preciosos marcapáxinas para incentivar a lectura.
CLUB DE LECTURA SALICORNIA
Este mércores, o noso alumnado do Club de Lectura de 5º e 6º de Primaria desfrutou dun día estupendo no Aquapark de Cerceda. Xa case non no...
-
É importante espertar o interese pola lectura desde a primeira infancia. As colaboradoras da biblioteca do noso centro educativo téñeno cl...
-
Como cada ano, a biblioteca encheuse de luz e circuitos! O alumnado elaborou postais luminosas seguindo a temática do noso PDI, as 7 marabil...
-
Como xa se fixo en cursos anteriores, o alumnado voluntario da biblioteca de 6º de Educación Primaria está dinamizando os momentos lectores ...








.jpg)


















