viernes, 12 de junio de 2026

CLUB DE LECTURA SALICORNIA

 Este mércores, o noso alumnado do Club de Lectura de 5º e 6º de Primaria desfrutou dun día estupendo no Aquapark de Cerceda.


Xa case non nos collen nas fotos de tantos que son!



Grazas pola vosa participación e esperámosvos no Club de novo o ano que vén!


lunes, 8 de junio de 2026

TORNEO SKYJO

 Como nos gustan os torneos e concursos na biblioteca!

E por iso, seguimos poñendo en marcha novos concursos, como o  Torneo SkyJo, no que participou o alumnado de Primaria demostrando  as súas habilidades matemáticas. Mirade que concentrados!



A final foi este venres, 5 de xuño, e o gañador , Erik Santos Cambeiro.

Aquí o tedes cos seus compañeiros de torneo e co seu agasallo.




Parabéns e a seguir xogando con nós!


viernes, 5 de junio de 2026

AS SETE MARABILLAS DO MUNDO MODERNO

 Este ano,  o noso alumnado pasou moitos recreos construíndo algunhas das sete marabillas do mundo moderno. 

O proceso foi laborioso pero non se desanimaron!

O primeiro foi O Coliseo Romano


E aquí tedes o Machu Picchu!

E a creación da Muralla Chinesa!




E, por suposto, témolas expostas na nosa nova vitrina, que foi unha doazón da ANPA para o noso alumnado, ao igual que as pezas de construción coas que traballaron.


Moitas grazas!!

miércoles, 3 de junio de 2026

I CERTAME DE ESCRITORES MARABILLOSOS

Con moitas ganas, este ano inauguramos o I Certame de Escritores Marabillosos.

Os rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria participaron neste concurso no que demostraron as súas habilidades como escritores!




E as gañadoras e gañadores por niveis foron os seguintes:

  • Gisele López Rega- 3º Primaria (Categoría Exploradores Literarios)
  • Iago Rubianes Rodríguez- 4º Primaria  (Categoría Plumas Voadoras)
  • Isabela Souza dos Santos- 1º ESO ( Categoría Creadores de Mundos) 



E, como non, tamén podedes ler os relatos cos que gañaron os seus premios.

Parabéns!!





martes, 3 de marzo de 2026

VOLVEN AS LECTURAS COMPARTIDAS

Como xa se fixo en cursos anteriores, o alumnado voluntario da biblioteca de 6º de Educación Primaria está dinamizando os momentos lectores nas aulas de Infantil. 

Esta actividade ten por obxectivo espertar o gusto pola lectura desde a primeira infancia e, ao tempo, impulsar as habilidades lectoras e comunicativas dos máis maiores.

É unha tarefa máis complexa do que parece, os voluntarios non só seleccionan textos adaptados á idade do seu público, tamén deben facer unha lectura expresiva e que resulte atractiva para as crianzas.

Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora para pequenos e maiores!





CIFRAS E LETRAS

Este curso poñemos en marcha unha nova actividade na biblioteca: CIFRAS E LETRAS.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou durante os recreos nunha versión deste popular concurso de televisión.

Por un lado, a proba de letras ten por obxectivo formar a palabra máis longa. Por outro lado, na proba de cifras a finalidade e chegar a un resultado exacto combinando distintas operacións aritméticas.

Exercitar o cálculo e o vocabulario nunca antes fora tan divertido!



E velaí o noso gañador do concurso: Edu Rodríguez Sanmartín, de 6º A Primaria.







jueves, 8 de enero de 2026

POSTAIS LUMINOSAS

Como cada ano, a biblioteca encheuse de luz e circuitos!


O alumnado elaborou postais luminosas seguindo a temática do noso PDI, as 7 marabillas do mundo moderno.


Curso tras curso, a demanda incrementa e, nesta ocasión, fixéronse arredor de 200 postais. Todo un récord!







CLUB DE LECTURA SALICORNIA

 Este mércores, o noso alumnado do Club de Lectura de 5º e 6º de Primaria desfrutou dun día estupendo no Aquapark de Cerceda. Xa case non no...