martes, 3 de marzo de 2026

VOLVEN AS LECTURAS COMPARTIDAS

Como xa se fixo en cursos anteriores, o alumnado voluntario da biblioteca de 6º de Educación Primaria está dinamizando os momentos lectores nas aulas de Infantil. 

Esta actividade ten por obxectivo espertar o gusto pola lectura desde a primeira infancia e, ao tempo, impulsar as habilidades lectoras e comunicativas dos máis maiores.

É unha tarefa máis complexa do que parece, os voluntarios non só seleccionan textos adaptados á idade do seu público, tamén deben facer unha lectura expresiva e que resulte atractiva para as crianzas.

Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora para pequenos e maiores!





CIFRAS E LETRAS

Este curso poñemos en marcha unha nova actividade na biblioteca: CIFRAS E LETRAS.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou durante os recreos nunha versión deste popular concurso de televisión.

Por un lado, a proba de letras ten por obxectivo formar a palabra máis longa. Por outro lado, na proba de cifras a finalidade e chegar a un resultado exacto combinando distintas operacións aritméticas.

Exercitar o cálculo e o vocabulario nunca antes fora tan divertido!



E velaí o noso gañador do concurso: Edu Rodríguez Sanmartín, de 6º A Primaria.







CLUB DE LECTURA SALICORNIA

 Este mércores, o noso alumnado do Club de Lectura de 5º e 6º de Primaria desfrutou dun día estupendo no Aquapark de Cerceda. Xa case non no...