lunes, 25 de noviembre de 2024

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa chegaron a Infantil e Primaria as mochilas viaxeiras.




Nestas bolsas o alumnado atopará unha pequena mostra dos fondos da nosa biblioteca (libros en galego, castelán e inglés, así como un exemplar da revista Caracola). Tamén inclúe un caderno viaxeiro no que compartir a súa experiencia lectora cos "compis" da clase. Levarán esta bolsa para a casa en préstamo temporal.

Deixádevos sorprender polo contido!



Con esta actividade queremos animarvos a compartir momentos de lectura en familia. 

Esperamos que gocedes desta proposta e 

que se revelen grandes lectores!

martes, 19 de noviembre de 2024

XA TEMOS OS NOVOS CARNÉS!

Comezamos o curso 2024/25 estreando os novos carnés da biblioteca. A que son xeitosos?

Xa desde setembro, estes carnés están axilizando o préstamo de libros e outros fondos da nosa biblioteca e tamén observamos que favorecen a responsabilidade e a autonomía do alumnado.
A acollida non puido ser mellor!


Invitámosvos a estar moi pendentes deste blog para coñecer as vindeiras propostas e actividades que xurdan da biblioteca escolar do CPI Castro Baxoi.



martes, 25 de junio de 2024

Xa temos Mascota de Biblioteca...a gañadora do Concurso

 Despois de certas dificultades e problemas que foron xurdindo...xa temos mascota de Biblioteca!!!

Para todas/os aquí tendes a nosa mascota





E a artísta que a fixo foi...Sofía Iglesias Blanco de 6ºA de Primaria e para valorar o seu traballo recibiu un pequeno agasallo desde a Biblioteca.





Noraboa Sofía!!! Grazas por participar e noraboa polo teu traballo, eres unha artista!!! 
E próximamente recibirá unha sorpresa que estamos pendentes de recibir..


viernes, 14 de junio de 2024

O Nos Clube de Lectura vai ao Aquapark de Cerceda

 Despois de todo un curso de lectura e traballo, toca disfrutar un pouco...e por isto o alumnado do clube de Lectura foi a pasar unha xornada lúdica ao Aquapark de Cerceda, e ainda que o día non acompañou do todo todas o pasamos xenial.












Teremos que volver noutro ano, a ver se temos máis sorte co tempo!!

viernes, 3 de mayo de 2024

Postais Luminosas

 


Chegando o Nadal desde biblioteca propusimos un reto: ¿gustante as ciencias? ¿Sabes algo de circuítos eléctricos? ¿veste capaz de crear algún? pois moitos nenos e nenas querían probar e aquí estan os resultados...



sábado, 27 de abril de 2024

Booktubers no Castro Baxoi

 

Con motivo do día lo Libro, desde o Equipo de Biblioteca do CPI Castro Baxoi, fixemos unha escolma de recomendacións de diferentes libros para as persoas que non saben qué ler... desde Infantil ata a ESO, aqui as tenden!!

INFANTIL



PRIMARIA

Khalessi-Martina


Eva-Mario


Martín-Pablo


Duna-Gemma


Elisa-Nai


Patricia-Sofía


Amaia-Clara



Dario-Daniela



Helena-Ines



Khloe-Naia


Carlos-Italo


Keyla-Mariam


Mía-Sofía


Samuel-Xián



Xiana-Evan



Fabio-Jessica



Junior-Victoria



Daniela-Iris



Bruno-Dunia



Laura-Nahum



Pedro-Xan



Claudia-Maria





ESO



Agora a ler estas estupendas recomendacións!!!!

lunes, 11 de marzo de 2024

Concurso Mascota de Biblioteca (ACTUALIZADO!!)

Este curso queremos ter unha mascota na nosa biblioteca e, como non podía ser doutro xeito, quixemos contar coas fantásticas dotes artísticas do noso alumnado mediante un concurso:


A continuación poderedes ollar dos deseños elaborados pola rapazada do CPI Castro Baxoi:

 





Podedes votar desde a Aula Virtual, aqui vedes os resultados das votacións (SEN ACTUALIZAR):

CLUB DE LECTURA SALICORNIA

 Este mércores, o noso alumnado do Club de Lectura de 5º e 6º de Primaria desfrutou dun día estupendo no Aquapark de Cerceda. Xa case non no...