lunes, 9 de junio de 2025

TORNEO DE PELUSAS

Gústanvos os xogos de mesa? A nós encántannos!

Por iso, desde hai varias semanas, na biblioteca do noso centro, unha gran parte do alumnado de Primaria está participando no torneo de Pelusas.

A vindeira semana será a gran final... que emocionante!






LECTURAS COMPARTIDAS

É importante espertar o interese pola lectura desde a primeira infancia.

As colaboradoras da biblioteca do noso centro educativo téñeno claro!

Ao longo deste curso, estas voluntarias de sexto de primaria están a compartir tempo de lectura co alumnado de Educación Infantil. Seleccionan textos adaptados á idade e fan a lectura do conto para as crianzas.

Sen dúbida, unha experiencia marabillosa para pequenos e maiores.



lunes, 5 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE AVIÓNS DE PAPEL

Gústache facer avións de papel?

Na biblioteca do CPI Castro Baxoi, as primeiras semanas de abril, gozamos dun obradoiro de avións de papel.

Aprendermos a crear distintos modelos coa axuda dos máis maiores de Primaria.

Agora só queda poñelos a proba!



















miércoles, 22 de enero de 2025

OBRADOIRO DE POSTAIS LUMINOSAS

Con motivo do Nadal, ao longo do mes de decembro na biblioteca do noso centro, levouse a cabo un obradoiro de creación de postais luminosas.


Participou alumnado de toda a etapa de Educación Primaria.

Conxugando o coñecemento científico para montar o circuíto, as dotes artísticas e un chisco de creatividade os estudantes fixeron unhas postais personalizadas ben xeitosas e orixinais.

Aquí tedes unha mostra:









viernes, 20 de diciembre de 2024

CLUB DE LECTURA

Como en anos anteriores, o noso centro participa no programa "Clubs de lectura". Esta iniciativa pretende fomentar o hábito lector entre o alumnado.

Contamos con 70 participantes do terceiro ciclo de Educación Primaria. Está a ser un éxito!

No grupo de 5º de Primaria están a ler Plan de rescate (Antía Yánez) e Apestoso tío Muffin (Pedro Mañas).



No grupo de 6º de Primaria están a ler Abdel (Enrique Páez), Atranco no banco (Manuel Núñez Singala) e A folla azul (Andrea Maceiras).



Os debates durante e despois da lectura permiten ao alumnado expresar as súas opinións, expoñer as emocións que espertan as historias, confrontar puntos de vista...

Os integrantes do club tamén recibiron uns preciosos marcapáxinas para incentivar a lectura.



lunes, 2 de diciembre de 2024

E TEMPO DE SAMAÍN!

Como cada curso, a biblioteca escolar do CPI Castro Baxoi acolleu distintas actividades relacionadas Samaín.

O primeiro foi ambientar o espazo: esqueletos, pantasmas, candeas... fixéronse coa nosa biblioteca.




Os contos sobre seres arrepiantes e relacionados co medo non podían faltar nestas datas. Por iso, o Equipo de Biblioteca seleccionou os títulos máis terroríficos e creou cartafoles que se fixeron chegar ás aulas de Infantil e Primaria.


Pola súa parte, os estudantes de Secundaria prepararon distintos contos de medo que presentaron na biblioteca escolar ante o alumnado de cursos inferiores. Parabéns polo seu esforzo e a súa creatividade!




lunes, 25 de noviembre de 2024

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa chegaron a Infantil e Primaria as mochilas viaxeiras.




Nestas bolsas o alumnado atopará unha pequena mostra dos fondos da nosa biblioteca (libros en galego, castelán e inglés, así como un exemplar da revista Caracola). Tamén inclúe un caderno viaxeiro no que compartir a súa experiencia lectora cos "compis" da clase. Levarán esta bolsa para a casa en préstamo temporal.

Deixádevos sorprender polo contido!



Con esta actividade queremos animarvos a compartir momentos de lectura en familia. 

Esperamos que gocedes desta proposta e 

que se revelen grandes lectores!

CLUB DE LECTURA SALICORNIA

 Este mércores, o noso alumnado do Club de Lectura de 5º e 6º de Primaria desfrutou dun día estupendo no Aquapark de Cerceda. Xa case non no...