miércoles, 26 de noviembre de 2025

CHEGOU O SAMAÍN!

Como cada curso, a primeira festividade que ten lugar no CPI Castro Baxoi é o Samaín.

A nosa biblioteca encheuse de decorados terroríficos: fantasmas, lápidas, caveiras, cabazas arrepiantes, gorros de bruxa...



Os contos de medo foron os protagonistas e viaxaron a todas as aulas nos cartafoles preparados polo Equipo da Biblioteca. Nos momentos lectores gozamos moito desas historias, tan terroríficas como divertidas!


Tamén houbo contacontos terroríficos na propia biblioteca e lecturas compartidas de medo nas aulas de Infantil.

Como novidade, este ano tivemos a visita da Santa Compaña grazas ao alumnado da ESO. A procesión de almas vagou polo centro, foi arrepiante! Pero estamos desexando que volvan!




POSTAIS LUMINOSAS

Como cada ano, a biblioteca encheuse de luz e circuitos! O alumnado elaborou postais luminosas seguindo a temática do noso PDI, as 7 marabil...