lunes, 25 de noviembre de 2024

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa chegaron a Infantil e Primaria as mochilas viaxeiras.




Nestas bolsas o alumnado atopará unha pequena mostra dos fondos da nosa biblioteca (libros en galego, castelán e inglés, así como un exemplar da revista Caracola). Tamén inclúe un caderno viaxeiro no que compartir a súa experiencia lectora cos "compis" da clase. Levarán esta bolsa para a casa en préstamo temporal.

Deixádevos sorprender polo contido!



Con esta actividade queremos animarvos a compartir momentos de lectura en familia. 

Esperamos que gocedes desta proposta e 

que se revelen grandes lectores!

martes, 19 de noviembre de 2024

XA TEMOS OS NOVOS CARNÉS!

Comezamos o curso 2024/25 estreando os novos carnés da biblioteca. A que son xeitosos?

Xa desde setembro, estes carnés están axilizando o préstamo de libros e outros fondos da nosa biblioteca e tamén observamos que favorecen a responsabilidade e a autonomía do alumnado.
A acollida non puido ser mellor!


Invitámosvos a estar moi pendentes deste blog para coñecer as vindeiras propostas e actividades que xurdan da biblioteca escolar do CPI Castro Baxoi.



POSTAIS LUMINOSAS

Como cada ano, a biblioteca encheuse de luz e circuitos! O alumnado elaborou postais luminosas seguindo a temática do noso PDI, as 7 marabil...