martes, 3 de marzo de 2026

VOLVEN AS LECTURAS COMPARTIDAS

Como xa se fixo en cursos anteriores, o alumnado voluntario da biblioteca de 6º de Educación Primaria está dinamizando os momentos lectores nas aulas de Infantil. 

Esta actividade ten por obxectivo espertar o gusto pola lectura desde a primeira infancia e, ao tempo, impulsar as habilidades lectoras e comunicativas dos máis maiores.

É unha tarefa máis complexa do que parece, os voluntarios non só seleccionan textos adaptados á idade do seu público, tamén deben facer unha lectura expresiva e que resulte atractiva para as crianzas.

Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora para pequenos e maiores!





CIFRAS E LETRAS

Este curso poñemos en marcha unha nova actividade na biblioteca: CIFRAS E LETRAS.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria está participando durante os recreos nunha versión deste popular concurso de televisión.

Por un lado, a proba de letras ten por obxectivo formar a palabra máis longa. Por outro lado, na proba de cifras a finalidade e chegar a un resultado exacto combinando distintas operacións aritméticas.

Exercitar o cálculo e o vocabulario nunca antes fora tan divertido!







jueves, 8 de enero de 2026

POSTAIS LUMINOSAS

Como cada ano, a biblioteca encheuse de luz e circuitos!


O alumnado elaborou postais luminosas seguindo a temática do noso PDI, as 7 marabillas do mundo moderno.


Curso tras curso, a demanda incrementa e, nesta ocasión, fixéronse arredor de 200 postais. Todo un récord!







martes, 16 de diciembre de 2025

PRESENTACIÓN DO LIBRO "LA SUPERFAMILIA" DE ALICIA MUIÑO PÉREZ

A alumna do CPI Castro Baxoi, Alicia Muiño Pérez, presentou o seu libro "LA SUPERFAMILIA" no noso centro o pasado 28 de novembro.


A autora fixo dúas presentacións, unha para 2º da ESO e outra para 4º de EP, que foron un éxito!


Non tódolos días podemos falar de preto coa escritora dun libro cheo de valores e ensinanzas.

Moitas grazas por compartir esta bonita historia con nós, Alicia!

miércoles, 26 de noviembre de 2025

CHEGOU O SAMAÍN!

Como cada curso, a primeira festividade que ten lugar no CPI Castro Baxoi é o Samaín.

A nosa biblioteca encheuse de decorados terroríficos: fantasmas, lápidas, caveiras, cabazas arrepiantes, gorros de bruxa...



Os contos de medo foron os protagonistas e viaxaron a todas as aulas nos cartafoles preparados polo Equipo da Biblioteca. Nos momentos lectores gozamos moito desas historias, tan terroríficas como divertidas!


Tamén houbo contacontos terroríficos na propia biblioteca e lecturas compartidas de medo nas aulas de Infantil.

Como novidade, este ano tivemos a visita da Santa Compaña grazas ao alumnado da ESO. A procesión de almas vagou polo centro, foi arrepiante! Pero estamos desexando que volvan!




martes, 10 de junio de 2025

CONVIVENCIA DO CLUB DE LECTURA

 


A piques de rematar o curso, os participantes no club de lectura deste curso 2024/25 poñen punto e final a esta actividade de animación á lectura compartindo unha xornada de convivencia no Aquapark de Cerceda.

CRUZAR O ESTREITO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria coñeceu de man de tres rapaces da asociación "A raíña" a experiencia que supón cruzar o estreito. Estamos seguros de que foi un testimonio impactante!



VOLVEN AS LECTURAS COMPARTIDAS

Como xa se fixo en cursos anteriores, o alumnado voluntario da biblioteca de 6º de Educación Primaria está dinamizando os momentos lectores ...